lunes, 23 de noviembre de 2009

Benvidos!!


O meu nome é Fany e son mestra de Educación Musical.
É a primeira vez que fago un blog e toume dando conta que é unha ferramenta moi interesante e productiva para utilizar de forma persoal e no ámbito educativo.
Este blog trata da música no mundo actual, dando unha pequena visión de toda a evolución da música desde a súa aparición asta os nosos días e tomar consciencia do enorme cambio q sufriu.
Espero que vos guste. Un saudo.







Este é un video no que podemos observar os sonidos que nos pode aportar a sabia natureza, ademáis da relaxación que transmite e que no mundo actual é tan necesario despois dos días estresantes que levamos.






A continuación deixovos un enlace no que poderedes encontrar unha gran variedade de música e información en canto a estilos, idades e épocas.


www.pianored.com/grupos/grupo-musica.html


EVOLUCIÓN DA MÚSICA

A evolución da música é un feito evidente. Dende os tempo máis remotos se recorda que existe a música, onde nas sociedades máis primitivas a música formaba parte das actividades comunitarias; co paso dos séculos a música foise asociando a rituais e tradicións sociais ata producirse a creación dunha brecha entre a música culta e a popular. Co paso do tempo fóronse creando diferentes estilos segundo o público a quen estivera destinada e segundo a demanda existente.

A vida musical, na actualidade chegou a ser controlada por negociantes astutos para quenes a música é, máis que un arte, un ben de consumo como calquera outro. A forma de escoitar da maioría dos públicos está condicionada por unha apatía cultural. O que comezou sendo un alimento para o espírito de tódalas sociedades, a arte da música, hoxe en día encontrase limitado a un círculo reducido de audiencia; mentres que a "música" que producen os comerciantes, e que consumen as maiorías, volvéronse un excitante, unha droga que a maior volume, mellor atorde. A súa función quedou limitada a sonorizar un ambiente e a sobrestimular o público para condicionar as súas respostas a un consumismo inconsciente, inmediato e frenético. Agora, máis que nunca, existe unha clara e infranqueable división entre a música como expresión artística, e a "música" que é fabricada unicamente para ser un produto comercial. Por suposto, cando se fala do valor formativo da música e dos efectos benéficos que ésta proporciona á vida do ser humano, referímonos á música da arte, a aquela que permite ó individuo expresar e percibir a verdade e a beleza.